XA QUE CHORANDO NACÍN

Quempallou polo aire!!

O pasado día once, na sala Liceum de O Porriño, Quempallou presentou o seu novo disco, POLO AIRE.

Cun aforo calculado a ollo polo autor de estas liñas de entre 50 e 100 persoas (que bo ollo teño), entre os que se atopaban algúns colegas e tres mulleres encantadoras membros do grupo Malvela, a presentación do disco foi toda unha festa. Un regalo. E que foi unha presentación como é debido: cinco temas do disco novo e logo vellos grandes éxitos. Non podería ser doutro xeito: Os Quempallou xa levan enriba do escenario oito anos e o primeiro disco xa ten cinco aniños (xa é un vello rapaz que vai entrar no primeiro curso de educación primaria).

Bueno, non dixen ben: máis que a presentación dun disco eu penso que foi a presentación dunha xira de concertos. E que o certo e que estou a falar dun peaso grupo de directo. Non digo que os discos non sexan malos: teño os outros dous e non canso de escoitalos no mp3 do coche e menudas festas que monto con eles cando vou de viaxe... Por iso digo que os discos son bos, moi bos, pero... os directos... os directos son a esencia pura da diversión. Hai dixen todo.

E desta volta non ía ser menos. No improvisado turreiro do Liceum a xente rápido votouse a bailar e a cousa pouco a pouco foi collendo ritmo, intensidade, forza (non puido ca diversión, co desenfreno nin a parada obrigada polos donos do local para que a xente repostase o seu corpo de combustible festeiro) e cando chegou o final, a xente botando como tolos, non importaba o estilo de baile, so bailar, aquelo parecía unha festa ska, cando chegou o final, Os Quempallou, sen ánimo de semellar deuses, baixaron do escenario a tocar a última peza entre os seus siareiros... "auga-fraga que-se no-has de beber...".

Digno final para un grande concerto.

Do disco pouco podo dicir. Aínda non está nas tendas nin nas súas mans. Non se pode mercar. Unha mágoa. Eu quero telo xa que debezo poor aprende-la peza esa que di "que chova, que chova, que chova...". E ata que o escoite tranquilamente, non saberei nada máis. So podo dicirvos... para min, vai ser todo un regalo... jejejeje.

3 comentários:

  1. Ese Edu!!!!, VAIA CARETOS. Un día moi bonito, eu paseino moi ben. Io

    ResponderExcluir
  2. Pra pedir algo, costou de carai, como sabía a condanada. Vaía voltas na cabeÇa. Bicos. Io.

    ResponderExcluir
  3. bueno, ti fuches a que decidiu tomala... jajajaja... hainas peores, en seio... un bico

    ResponderExcluir