XA QUE CHORANDO NACÍN

quarta-feira, 6 de junho de 2007

Cando as cascudas dominen o planeta

Un día, fai xa unhas semás, entrei no fotoblog da miña amiga Maguey e atopei unha extraña imaxe producto, quen sabe, da imaxinación dalgún tolo ou, seguramente dalgunha persoa cun sentido do humor moi especial.

A mesma imaxe viña acompañada dun pequeno texto que certamente resultou tan interesante ou máis que a imaxe, e que estaba extrañamente relacionado con ela. Agradado pola súa lectura, que ó final me robou un soriso, na primeira ocasión que tiven pregunteille a Maguey pola orixan daquelas pequenas maravillas.

Claramente a ilustración non podía ser dela xa que se observaba que era un gravado (ou ó mellor miña amiga tiña esa habilidade descoñecida para min). E o texto? Como levabamos unha boa tempada escribindo no seu fotoblog o que se nos ocorría, inspirados polas fotos que ela colgaba, pois cheguei á conclusión de que podería ser ela mesma a autora.

Enganeime, non sen certa decepción. Maguey atopara aquelas "Alucinaciones entomológicas" na rede, nunha páxina de entomoloxía. O texto non eran nin máis nin menos que textos escritos por un entomólogo aficionado á lectura e inspirados nuns grabados dun tal Jean-Ignace-Isidore Gérard, alias Grandville.

Non me enganara ca miña primeira apreciación daquela ilustración. Grandville era fillo de miniaturista e neto de cómico, e algo se lle quedaría do seu abó para chegar a facer tan disparatados debuxos.

O certo é que este ilustrador chegou a ser relativamente famoso na súa época. Publicou diferentes libros con ilustracións propias como "Les Métamorphoses du jour", un libro en colaboración con J.P. Hetzel "La Vie privée et publique des animaux", e fixo as ilustracións para libros tan famosos como Robinson Crusoe, El Quijote o Los viajes de Gulliver. Como curiosidade, no disco Imnuendo de Queen as ilustracións que aparecen son del.

Alucinaciones entomológicas

O enlace anterior é o que debedes de pulsar para poder ler os contiños dos que vos falaba ó principio. O autor é Antonio Melic, de quen só podo dicir que é un entomólogo, que escribe no boletín da Sociedade Entomolóxica Aragonesa (SEA) e que certamente, a falta me máis información, o fai moi ben.

Sei que non vai ser máis que unha copia do xa feito por este home e que seguramente non lle chegarei á altura do dobladillo do pantalón pero gustaríame de cando en vez, engadir algún pequeno contiño inspirándome nas ilustracións de Grandville, que por outro lado son moi inspiradoras.

Eu non me considero nin remotamente un escritor, pero, para ben ou para mal, gustanme os contos e por fin decidinme a por o que aparece na miña imaxinación por escrito. Debedes saber atopar inspiración é un pequeno problema. E ás veces as ideas veñen a cabeza pero, por falta de costume, é difícil poñelas no papel, perdón, na pantalla.

Espero vos guste, pero primeiro como aperitivo e como aliciente para que pinchedes no enlace, un anaco das "Alucinaciones entomológicas":

"Las angiospermas tuvieron que ceder. Se habían quedado sin polinizadores. Sin el recurso de los insectos, su destino estaba marcado. Además, las gimnospermas –esas zorras traidoras– lejos de apoyarlas intentaron aprovecharse de la situación y recuperar antiguos esplendores y dominios. Se firmó un nuevo contrato con los escarabajos en el que las plantas con flores reconocían el papel ‘fundamental’ jugado por los coleópteros en el desarrollo de las angiospermas y la ‘deuda de gratitud infinita e ilimitada’ que por siempre perviviría, así como otros derechos menores (en relación a la cantidad, calidad y lugar de entrega del néctar) que desde esa fecha asistirían a los escarabajos florícolas. Así se escribe la historia, incluso entre los insectos."

"Los escarabajos no fueron los únicos vencedores. Las moscas –siempre en un segundo plano, pero hábiles oportunistas– consiguieron introducir una enmienda en el documento por la cual, en un plazo no superior a diez millones de años, las plantas carnívoras deberán cambiar sus hábitos alimenticios por otros más acordes a su naturaleza vegetal."

Nenhum comentário:

Postar um comentário