XA QUE CHORANDO NACÍN

quarta-feira, 6 de junho de 2007

Porca (tuerca) do doce

Unha cinta. Sei que parece interminable pero non o é. Na última hora pasou por diante miña a mesma mancha catro veces.

Sobre a cinta, unhas placas cun buraco, e cada buraco co seu parafuso. Os parafusos son do dez. E á beira, porcas, tamén do dez. Sempre son do dez... ou do 12: un día son do dez e ao seguinte do doce, así todas as semanas. parafusos e porcas do dez con parafusos e porcas do dez, e os do doce cos do doce. Dez e dez, doce e doce.

E eu. Cinco días á semana desde fai un ano, colocando cada porca e dándolle volta e media. Nada máis. Xustamente media.

Desde fai un ano, a cinta tráeme tres mil duascentas porcas e os seus parafusos máis tres mil duascentas voltas e media cada hora. Como explicar o aburrido que é? Tan só traballando no meu posto, vendo pasar unha a unha cada peza, ata tres mil. Intenta contar ata tres mil durante oito horas... que noxo de traballo!

Xa verás, porca, parafuso, volta e media; porca, parafuso, volta e media; porca, parafuso, volta e media... espera, moi grande, esta é do doce! Si, si que o é, oh, non!, e a seguinte, e a outra. Non pode ser, pero, serán burricáns os que cargan a cinta!. Non, se así non hai quen traballe. Agora haberá que parar e pasarémonos unha hora sen facer nada! Que aburrimento!.

Nenhum comentário:

Postar um comentário