XA QUE CHORANDO NACÍN

quarta-feira, 6 de junho de 2007

Esa muller e os franceses

A fermosa dama das rúas do vello Vigo, decidiu marchar de festa cas tropas francesas. Eles síntense seguros detrás das murallas da mariñeira vila. Eles síntense protexidos polo mar do Berbés e os navíos de guerra de Napoleón que preto da ribeira aboian ameazantes. Quen podería ter a coraxe, a fachenda de pretender loitar con eles, grandes representantes das liberdades, fraternidades e igualdades da república do pequeno emperador corso?

Ninguén? Pobres ilusos, mirade esa muller pola que os vosos corazóns reventan, pola que vos mataríades uns os outros. Ela soiña xa conseguiu que o viño correse polas vosas veas, na vosa francesa e ilustre sangue. Que máis podería conseguir? Tremede, cagade nos vosos axustados pantalóns, que a forza dos galegos non está nas armas. Está nas súas mulleres...


Esta foto apareceu na Voz de Galicia (ou no Faro de Vigo, non me lembro) co gallo da festa da Reconquista deste ano. Xa levo un tempo dicíndolle a Silviña que lla vou pasar que está moi simpática e como nunca o dou feito... pois aquí a deixo, que poderá mirala cando queira. Un bico, miña amiga, e por favor cuida da miña.

Nenhum comentário:

Postar um comentário