XA QUE CHORANDO NACÍN

quarta-feira, 6 de junho de 2007

Que a semá ten sete días

Soa o despertador, polo tanto son as seis da mañá. Quixera dormir máis pero non podo: si me retrasara tan só cinco minutos rompería a rutina de cada día para ir a traballar e chegaría tarde. Seino. Ó principio pasabame moito. Pero, nunca tivera tantas ganas de seguir a durmir.

Unha ducha rápida (5 minutos), e mentres visto, xantar algo, un café so e unhas bolachas (10 minutos). Logo a colle-lo metro, un enlace e dous e tres máis (media hora). Incrible, creo que é a primeira vez en dez anos que teño sitio para me sentar. É esta parada.

Agora subir todo o rápido que poida tres tramos de escaleiras mecánicas (5 minutos máis) e correr vinte metros ata a porta do edificio... tan só me queda subir oito andares en ascensor (outros 10 minutos) y xa está: unha hora exacta.< /p>

Ahí está a porta, só queda empurrala... pero non se abre?. Qué pasa? A ver, a hora, que ó mellor espertei antes... non, seré idiota, non levantei antes, hoxe é domingo.

Nenhum comentário:

Postar um comentário