XA QUE CHORANDO NACÍN

sábado, 21 de abril de 2007

A ducha

Seguindo co anterior artigo, e motivado polo feito de escribir un conto para o apartado de relatos da "Ventana de Millás", aí vai un cortiño, moi cortiño.


Onte había reunión de veciños no meu edificio. Eu como non son propietario non podo ir, que xa vai o meu caseiro que ademais é o dono. Como é unha torre moi alta celébrana nunha sala anexa ao portal.

Cando cheguei de dar un paseo alí estaban todos, ou o que é o mesmo, un xentío: o meu edificio ten 12 plantas. Imaxínache cantos veciños...

Entrei, collín o ascensor, que vivo no oitavo... si, as vistas son increibles, e entrei na miña casa.

Pódeste imaxinar as ganas que tiña de darme unha ducha? Pois non había auga, estaba cortada.

Tiven que irme sen ducharme, que remedio, co que me amola sentirme... sucio, e ao saír do ascensor, ao portal, atopeime á vicepresidenta, Rosa, unha señora encantadora, que sempre che axuda cando pode.

"Mira, que non hai auga..."

"Hai, séntoo moito, é que á beira do local da reunión está a bomba do auga corrente e facía tanto ruído que tivemos que apagala para poder celebrar a xunta..."

Mellor calas, díxenme...

4 comentários:

  1. Xa o lin. Estás feito todo un contacontos. Gústame, está na onda dos contiños dos da ventana. ¿Para cando algo máis longo?.

    Eu creo que se te lanzas podes facer cousas moi bonitas. Bueno ¡xa as fas!. Tes corazonciño de poeta e es unha gran persoa.

    Me parece que nos tamen estamos encantados de terte coñecido.

    Deixou dito... Lupe (24-04-2007 01:06)

    ResponderExcluir
  2. Hola Lupiña, bueno, moitas graza#blgtk08#s... que che parece o anterior?

    ResponderExcluir
  3. Lupe, si miras outra vez esto, a ver si me pasas o teu mail, vale?

    Un bico.

    PD: agradézoche os alagos meniña, pero non sei, non creo que sexa para tanto. Ti si que eres alguén increible. Outro bico.

    ResponderExcluir