XA QUE CHORANDO NACÍN

quinta-feira, 19 de abril de 2007

Ese tamén é o serán

Que ben que esmorece o día
e que chega a noite, reparadora, festeira,
romántica, excitante... quen dá máis.
É nese momento, entre lusco e fusco,
(ou era entre fusco e lusco?)
cando vai sendo a hora do serán... cando un lembra os bos momentos pasados,
cando un se acorda dos días que no calendario non son feira,
e desexa ver a esa xente non coñecida,
cando un ten morriña dos seus sorrisos,
dos seus bailes, dos seus cantos,
das súas apertas,
cando un espera coñecelos máis...
é o momento do serán.

3 comentários:

  1. albricias!! a edu deulle por escribir no seu propio blog, jejeje!
    moi chulo, tanto o texto coma a foto. espero #blgtk08#que nos miremos (vexaaamos) no serán deste sábado. ao cocnerto de leilia non vou poder ir... pero beillaremos á noite!

    ResponderExcluir
  2. Boa foto, a flipo! E dende o porto?

    ResponderExcluir
  3. Si, si que é, dende a ampliación... case eran ás dez da noite e estaba todo o ceo cuberto, e ó serán deixounos esa sorpresiña... a que mola (xuro que non a toquei co photoshop!!).

    ResponderExcluir