XA QUE CHORANDO NACÍN

segunda-feira, 2 de abril de 2007

Eu tamén choro...

Eu tamén choro, eu tamén choro, cando non me alumean meu ben eses teus ollos...

Rapaciña pequena e delgada de ollos relumbrantes, non sabes que os teus ollos so relumbran cando miran altos? Levanta, orgullosa, a túa face, e mira, sen medo, os ollos de quen a ti te mira, que tes uns ollos de mel, fermosos, e un sorriso, tímido pero alegre. Sae meniña sae, que quero ver esa forza, que quero que non teñas medo.

Estás viva e sentes a brisa do norte e escoitas as ondas rompendo nas suas praias, xa deixas as túas pernas seguir os ritmos que chegan os teus oidos, como zume de treixadura para os teus beizos. Xa es libre pero aínda non ergues sen medo a túa cabeza, a túa mirada: aínda tes un peto de pedra que tapa o teu corazón, que te oprime o peito. Ceibate, para sentila miña aperta, meniña de ollos de mel, e se non podes... bueno, eu noutra vida fun canteiro!!!

3 comentários:

  1. tiu, sonche a maguey.. de cotilleo,carai!
    envioche o meu enlace, vale?
    é moi cutre pero para compartir momentos serve,
    e tamén anda por aló o tamboy

    http://www.fotolog.com/maguey/

    ...eu tamén choro.. grandes momentos que pasamos todos... así da gusto pisar terra!

    Un bico
    (Aniña, tamén vai pa ti!)

    ResponderExcluir
  2. BELAS PALABRAS PARA UNHA LINDA E GRANDE RAPAZA
    (espero que lle chegarán, ;).. e logo dudas da túa pillabanería, jeje)
    Vémonos

    ResponderExcluir
  3. Iria, Iriña, moitas gracias polo comentario, gracias... si que é, si que é certo. Pero bueno... non digo nada... O certo é que me cae moi ben pero é tan difícil chegar a ela... non sei, pero sodes todos #blgtk08#maravillosos. Supoño que cada un ten as súas partes oscuras e que tardarei en coñecelas... pero pouco a pouco, non? Alégrome tanto de tela coñecido, de terche coñecido a ti, de tervos coñecido a todos...

    ResponderExcluir