XA QUE CHORANDO NACÍN

sexta-feira, 27 de abril de 2007

Zapatos de domingo

De pequeniño encantábanme dúas cousas. Unha era o cheiro do café os domingos, despois de comer. Na miña casa nunca fomos ricos e só se facía café o domingo, pero no aturdemento da sobremesa, a cafeteira empezaba a soprar e o aroma espallábase por todos os recunchos da casa, forte, como unha cálida onda e notabas como che burbulleaba a gallarón no nariz? Agora non cheira así.

A outra, ver ao meu avó limpar os seus zapatos brancos de pel os días de festa. Imaxinádevos ao meu avó, alto, ao meu parecíamo, e coas súas fortes mans, así se levantaba, puña o par na xanela e primeiro un e logo outro, limpábaos cun trapo húmido. Despois con agarimo, usando un pano limpo e crema branca, lentamente, nun sentido e no outro, non deixaba nin un anaquiño de pel sen cubrir. Eu adoitaba espialo desde a porta. Ao terminar aseabase, púñase de punta en branco, collía á miña avoa da man e alí íanse os dous completamente felices a darse un paseo e a tomar un viño.

O meu avó ten 85 anos, xa ten canas e dóelle un xeonllo e as costas e xa non ve tan ben. Pero segue sendo igual de coqueto e aínda se levanta os domingos pola mañá e prepara os seus zapatos, para ir coa miña avoa a dar un paseo e tomarse un viño.

Um comentário:

  1. beliisimoo... se eu fora o millas ese ou como se diga... colgábacho seghuro!!

    ResponderExcluir