XA QUE CHORANDO NACÍN

terça-feira, 22 de maio de 2007

Sábado noite

Hoxe tocou traballar. Si, xa sei, que todo o mundo ten que traballar, que facelo non é nada extraño. Claro que non. Meu pai leva facendoo dende máis de 34 anos, por exemplo. É o normal. Máis non no meu caso, porque hoxe é un sábado ás once da noite. No meu traballo é o máis normal do mundo. Cada certo tempo fago sete noites seguidas, oito horas de traballo, dende as dez da noite dun día ata as seis da mañá do seguinte. É chungo pero non tanto: de noite non tes que aguantar ós xefes. Tan só algún borracho ó fin de semana ou algunha parella fodendo nalgunha esquina... os botas fóra e xa está.

O malo son os fines de semana. E máis este. Saber que a túa xente o está a pasar en grande en Redondela e ti só tes como compañía a soidade do porto, das grúas, dos barcos. Bueno, a túa xente, e ela, que é a túa xente pero que tamén é algo máis. Penso nela, e neles, en que estarán a facer. Na peza que estarán a bailar. Unha jota, a muiñeira?

Sopla un vento rabudo, que non só fai que senta frío, que tamén fai que aumente a miña soidade. Frío e soidade. E a miña pel, o meu corpo que bota en falta o seu, abrazalo, no baile... no agarrado. As súas mans, devezosas, das miñas. A polca, o pasodoble, a rumba ou o valse. Ou seica foi unha mazurca?

Miro as luces da cidade, alá o fondo e só penso en que tan certo é que teño que aguantarme por esta noite como que se encenden todas, as luces, unha por unha, co solpor.

Ollade a foto. Alá están as luces da festa. Dou voltas e voltas no coche patrulla, e por máis voltas que de a cabeza marcha lonxe, a Redondela. Sintome extraño, despois de tanto tempo, de tantos días de compartir estas horas, por non ter ido con eles, con ela. Síntome fora do meu sitio por que aquí hai soidade e a miña mente ansía a rutina da súa compañía, nos sábados pola noite. Síntome extraño porque penso que noutro universo estarei a bailar entre eles, estarei a mirala a ela agochado tras unha columna, sin que me vexa, como outros sábado, e síntome extraño porque neste universo non é, non pode ser, neste só teño a extraña soidade do porto.

Síntome extraño porque non estou con eles, con ela... no serán.

2 comentários:

  1. A noite ten un aquel de especial que é como o fío dunha navalla, cando e#blgtk08#stás a traballar nunca sabes se vai ser suave e gozosa ou desesperante.

    ResponderExcluir
  2. Cando estás traballando e @s amig@s están de festa pois claro que achas en falla non estar coa túa xente xa que a min pásame o mesmo cando teño que traballar todo o día e vós estades de guais, pero non debes sentir que estás só, pois tesnos a tod@s e en especial a ela, estou tan feliz por vós e mil grazas por estar, que faría eu senón.


    Preto do mar sinto tranquilidade
    xa que unha vez escribír#blgtk08#onme que cando quixera respostas as miñas preguntas que me sentará preto do mar e él daríame tóda-las respostas.

    O tempo pasa tan despaciño para o que máis desexas, para o que che gustaría realmente facer, que hai que ser paciente.

    As veces o destino é caprichoso, pero é o que ten, nunca sabes que vai pasar, se o soubesemos sería demasiado aburrido.

    Boeno aburiño....I.

    ResponderExcluir