XA QUE CHORANDO NACÍN

quinta-feira, 3 de maio de 2007

Se souberas...!!

Se soubera que cantando
Te había de seducir
Cantaría dia e noite
Deixaría de durmir.

Deixaría de durmir
Só cantando para ti
Se coas miñas cantiguelas
Houberas de ser para min.

Se soubera que es para min
ó rematar esta copla
se soubera que es para min
inda che botaba outra

Seguindo co camiño que empezara Rubén de Bueu no seu Blog, o Ghaiteiro de Lapamán, eu tamén vou meter un pequeno apartado sobre cantigas e tradicions. Neste caso non meto unha cantiga precisamente tradicional... bueno, a primeira copla si que o é, por dous motivos. Un deles, que precisamente o Presi Malmequeriano votouna o outro día na regueifa pechaseráns alá arriba en Lourido, peaso asociación veciñal que teñen e peaso turreiro que están montando... adiante, que así é como se fai pais.

O certo é que gústame moito esa idea de namourar a alguén cunha canción... non sei, non pretendo ser Antonio Machín, ou un cantante deses, pero... non digades que non sería romántico? Namourar a esa fermosa muller cantándolle unha cantighiña ó oído...

O outro motivo é plantexar unha pregunta. A primeira das coplas é tradicional, do lugar de Cerdeira en As Neves, pero as outras dúas son da autoría da simpar Felisa Segade... fermosas como a primeira, e igual de evocadoras... (funme deitar a durmire/o pe da auga que corre/e a auga foime dicindo/quen ten amores non dorme), a idea de non parar cantar pola felicidade do amor obtenido.

A pregunta é si é posible crear tradición na actualidade? Quero dicir, estas coplas se as empezasen a cantar nas festas, nos seráns, e se incorporasen á tradición oral, non serían tamén tradición? Qué é da creación da tradición.

Veña, espero as vosas ideas?

Um comentário:

  1. moitas grazas por nomearme,snif, estou abafado pola emoción, :)

    en teoría iso do que falas (que unha copla de autor se empece a cantar por aí) sería "música popular", non tradicional. suponse que é o que pasou con alguns versos de Curros que se popularizaron a través de versións de corais ou pezas da radio (en plan "doce cascabeles..."), que se puideron atopar igual que unha copla tradicional nunha recollida, pero das que, dalgún xeito, se pode rastrexar unha or#blgtk08#ixe "distinta".

    iso non quere dicir que non se poidan compoñer coplas que cumpran "os requisitos" das tradicionais, e que despois se confundan coa masa cultural previa. pero supoño que estaría ben ser consicnetes da época á que pertencen.

    o mesmo que entre as tradicionais se pode detectar algunhas máis modernas ca outras (por exemplo, as que falan de "aiuntamentos", son, como moi cedo, do século XIX, que foi cando se fundaron...)

    ResponderExcluir