XA QUE CHORANDO NACÍN

segunda-feira, 14 de maio de 2007

A Rede...

O mundo das coincidencias é algo que sempre me apasionou... non é acaso incrible que ó azar faga que de casualidade dúas persoas se atopen? Non é incrible que un rapaz perdido por Londres, atope o edificio que andaba a buscar xusto no momento no que as persoas que andaba a buscar estaban a sair para ir de festa? Eu penso que o é.

Por iso pregúntome, penso eu, que canta xente da que coñezo ou ca que coñecerei, dos que teñen a miña dirección de correo ou dos que eu lla teño, estarán a navegar agora mentras eu adico un pouco do meu ridículo tempo a escriber esto?

Atópome nun bar en Pontevedra facendo tempo. É un bar que hai preto da estación de trenes, da irreconocible estación de trenes de Pontevedra, no que ofrecen, como en tantos, cousa das modas, conexión wifi gratuita. Só tes que tomar algo e levas o teu portátil e xa tes acceso a internet. Levo aquí dende as nove e mirei o escaso correo, mirei o blogo, entrei en malmequer e deixei a miña pegada, temén fun a xunta o ghaiteiro de Lapamán, bueno, que levo aquí duas horas e fixen moitas cousas. E se non marcho é porque estou agardando a que remate de facer un escaneado o antivirus que veño de instalar... xa sabedes... é bo estar protexidos... pontelo, ponselo...

O certo e que neste tempo, seguro que moita xente coñecida entrou e compartiron conmigo esta incerta rede de araña que é a internet... e eu e eles sen sabelo... tan preto, tan lonxe. É unha extraña melancolía, iso de saber que esa persoa querida, ou esa persoa ca que ben pasarías un rato charlando estivo ahí, conectada uns segundos, uns minutos, e que ti non o soubeches... ó mellor incluso visualizando ó mesmo tempo a mesma páxina...

Quédate un sentimento de cercanía, pero, ó mesmo tempo, que lonxe estamos: nunca o poderás saber, nunca existirá esa comunicación tan desexada. Tan preto... tan lonxe...

2 comentários:

  1. Pois, meu irmán, que estou certa de que nalgún intre compartimo-lo mesmo espacio sen nos decatar, e por certo que sei ben cal é esa cafeta, e que así tamén é un xeito perfecto de caminhar polo día...e, por unha vez, (e sen que sirva de precedente, vale?)é-lo suficientemente prosáico para que cheguen ben a mín as túas verbas. Biquiños, sol!!

    ResponderExcluir
  2. Home!! Ti por aquí e deixando un comentario!! Non sabes como me alegro... bueno, xa tiña gañas de que o deixaras ti!! Por certo... #blgtk08#xa que deixabas o comentario tamén podías deixar unha de esas cousas que lle chaman felcitación!!! Un bico... querote moito nena!!

    ResponderExcluir