XA QUE CHORANDO NACÍN

sexta-feira, 25 de maio de 2007

Os amigos e a caracola

Foi un día que uns amigos atoparon unha caracola, e que a caracola tiña vistas ó mar... á inmensidade do océano, e decidiron colgarse dela xa que se estaba ben alí todos xuntiños. E foi que chegou o solpor e foi tan fermoso que pensaban que a caracola sería un bo sitio para quedar a mira-las estrelas. E foi que sairon as estrelas, co luceiro da tarde que lles alumeaba o corazón, e non querían deixar a caracola.

Onde mellor se está que nunha caracola, na compaña duns amigos, co solpor dun lado, de vermellos, laranxas... e as estrelas saíndo polo outro?

Esta foto foi tirada por un señor que pasaba por alí na maravillosa noite da maravillosa tarde dun caluroso día das letras galegas de 2007. Un grupo de amigos estaba a mirar o solpor encaramados a escultura da caracola de Donón, en Cabo Home e saiu esta cousiña. A qué é boa? A min, encántame. (Publicada con permiso de Malmequer).

3 comentários:

  1. Gracinhas, meu irmán, por ollar esta foto cos teus ollos de eterno romántico...Aquel foi un día marabilloso prá todos nós, non esquecerei nunca nin un só minuto na compaña da nosa xente...tí sabes que dous faltaron prá facelo absolutamente perfecto...doutra vez será. Beijinhos

    ResponderExcluir
  2. que bonita a foto!! é realmente FERMOSA.

    e seica os que estiveron non o pasaron nada mal...

    bicos

    ResponderExcluir
  3. Foi unha tarde moi bonita, na vosa compaña; a luz que había, o mar que estaba en calma batendo as ondas na costa da vela, e ao lonxe a Curota monte singular e moi caracterí#blgtk08#stico xa que me facíades moita falla e estabades tod@s pa darme mimiños, faltaban unhas personiñas pero como estabades no corazón fíxose un arranxiño. Bicos de verdade. I.

    ResponderExcluir